xoves, 9 de abril de 2015

Palestra pública sobre as consecuencias que o TTIP tería para os dereitos das mulleres e reflexión colectiva sobre os acordos neoliberais de libre comercio, organizada pola Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres

PALESTRA ACCIÓN CONTRA O TTIP ORGANIZADO POLA COORDENADORA LOCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

A Marcha Mundial das Mulleres de Galiza, xunto con outras organizacións da sociedade civil, de todas as partes do mundo, chamamos á participación masiva no Día de Acción Global contra os acordos de libre comercio e investimentos.

É por isto que a MMM de Ferrolterra coa finalidade de dar a coñecer as consecuencias que este acordo tería para os dereitos das mulleres e ademáis facer unha reflexión colectiva convidamos a toda a cidadanía á palestra :

Cómo nos afectaría a aprobación do TTIP ás mulleres?

Contamos para elo coa presenza como relatoras de:
Margarida Corral Sánchez,
Secretaria Confederal das Mulleres da CIG

e con

Isabel Vilalba Seivane,
Secretaria do Sindicato Labrego Galego
Escoitarémolas e falaremos do tema
o próximo xoves 16 de Abril ás 19h. no Ateneo Ferrolán.

--
"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

***